O teatro afeccionado estará este domingo en Outeiro de Rei
A localidade de Outeiro de Rei acolle este domingo, 20 de novembro, ás 19.00 horas, unha representación teatral a cargo do grupo Lume Escénico dirixido por Guillermo Cancelo, tamén autor da obra.
A obra a representar será Albergue Casa Amarelo (O misterio da Vía Rexia), e se atopa dentro da programación posta en marcha pola Deputación Provincial de apoio ao teatro afeccionado.
A representación terá lugar no local social da localidade.
A Vía Rexia é a máis antiga do Camiño Norte de Santiago, pero fai séculos desapareceu dos mapas e escritos peregrinos. A razón? un misterio que debe ser resolto na mesma aldea de Xudán. Hai xudeus e xudías en Xudán? O mesmo Paco que ocupa no Vaticano o lugar de Pedro o pescador, busca unha resposta. O grande misterio da cristiandade será revelado.