O teatro afeccionado estará este sábado en Vilalba

TerraChaXa
Dentro do ciclo de teatro afeccionado, Vilalba acollerá este sábado a representación da obra O achado do Castro, do grupo Os Pinchacarneiros.
teatro afeccionado pol portada
teatro afeccionado pol portada
24 Nov 2023

Dentro do ciclo de teatro afeccionado, Vilalba acollerá este sábado a representación da obra O achado do Castro, do grupo Os Pinchacarneiros.

A representación terá lugar ás 20.00 horas no auditorio Carmen Estévez. Trátase dunha adaptación libre do texto de Núñez Singala.

O autor da historia lévanos á Roma antiga, mais faino xogando coa lingua obrigando a que os personaxes falen coma nós, con termos de hoxe en día, o que nos leva a situacións moi cómicas desde un "Latín" un chisco especial. Como boa historia romana, hai un emperador, que é de todo agás espelido, soldados, filósofos barbudos e sabios, e unha historia de amor. humor, múltiples situacións divertidas e engaiolantes a través da maxia do teatro.

o achado do castro teatro vilalba
0.083577871322632