O teatro afeccionado fai parada este sábado en Muimenta

Dentro do Ciclo de Teatro Afeccionado do 2024, patrocinado pola Deputación de Lugo, este sábado, 19 de outubro, terá lugar a actuación dos Baluros na casa da cultura de Muimenta.
A representación, Vaise pechar unha casa máis, terá lugar ás 21.00 horas con entrada de balde, organizada polo Concello de Cospeito e Xotramu.