O teatro chega a Alfoz en novembro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O teatro chega a Alfoz en novembro, así, poderase desfrutar da obra A viaxe do Sr.
21032020_IntervPresi4 e1584872042807
31 Out 2020

O teatro chega a Alfoz en novembro, así, poderase desfrutar da obra A viaxe do Sr. López o sábado 7 ás 19 horas. Esta obra, está dirixida a un público infantil e familiar. O venres 13 ás 20 horas será a quenda de Rosalía de Culturactiva, tamén para público familiar, e o sábado 21 ás 19 horas, Serxio Pazos actuará co seu monólogo de humor para todos os públicos.

Todas estas obras serán no salón de actos da casa da cultura de Alfoz, con entrada gratuíta e contarán con limitación de aforo segundo a normativa vixente que agora mesmo son 50 persoas máximo.

0.097854137420654