O teatro de outono chega a Foz coa 'Lingua das Bolboretas'
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Delegación de Cultura do Concello de Foz, seguindo na súa aposta pola cultura, comeza este venres día 2 ás 21.
30 sep 2020
A Delegación de Cultura do Concello de Foz, seguindo na súa aposta pola cultura, comeza este venres día 2 ás 21.00 horas na Sala Bahía a programación de Teatro de Adultos coa compañía Sarabela Teatro que poñerá en escena a Lingua das Bolboretas de Manuel Rivas.
Con esta obra dase comezo á programación de outono que será todos os venres na Sala Bahía.
Que continuará o venres 9 ás 21 horas con Chola, a it girl de ArtesaCía, o día 16 estará Quico Cadaval, o venres 23 Cinco mulleres que comer tortilla de Señora Supina e por último, o venres 30 poderase desfrutar da obra O mel non caduca de Ibuprofeno Teatro.
O custo da entrada será de 5 euros no que haberá descontos para estudantes, desempregados...