O teatro infantil, as noites de kickboxing e os xogos na praia protagonizan o verán en Foz

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
11 Aug 2019

Foz conta cunha ampla programación de teatro infantil para este mes de agosto. Así, o luns día 12, ás 21 horas, na sala Bahía, EducaTeatro Producións representará a obra 'Os tres porquiños', unha función musical con bonecos a tamaño real. Trátase dunha revisión da tradicional fábula para adaptala aos novos tempos, incluíndo a gura de Xan e Xiana, dous exploradores moi afeccionados aos contos, que se adentran no bosque para coñecer os seus personaxes favoritos. Na súa viaxe, ademais de descubrir a historia, os tres porquiños bailarán ao ritmo das cinco cancións -cantadas en directo- que compoñen o espectáculo, e que teñen unha clara misión didáctica para que os máis pequenos aprendan ou reforcen coñecementos como os números, as cores ou as prendas de vestir.

Esa mesma noita do luns día 12, ás 22:00 horas, no Campo da Cabana, Foz proseguirá coas súas Noites Alternativas con sesións de fútbol sala e de kickboxing. Pódense inscribir os rapaces de máis de dez anos unha hora antes do comezo das actividades.

O martes 13 de agosto, continuará o teatro co grupo A Adala infantil e a obra 'Qué causas pasan no Camiño!', que conta que un trobeiro e un demo están namorados da mesma princesa. O trobeiro non é do gusto do rei porque non ten diñeiro e non se lle ve moita intelixencia a primera vista. Para quedar ben e ao mesmo tempo que non poda casar coa princesa o rei ponlle unha proba onde o manda facer o Camiño de Santiago e que lle traiga unha cuncha. Se o consegue casará coa princesa. Ao mesmo tempo manda o demo para que lle poña mil atrancos durante o camiño para que non consiga facerse coa cuncha. Pero tamén contará coa axuda de o Apóstol Santiago, San Francisco de Asís e a Vía Láctea e unha das súas fillas que caeu do ceo e andaba perdida. Pola súa banda a princesa sea a buscar o seu amor ao Camiño de Santiago.

Esa mesma noite, de novo ás 22:00 horas e tamén no Campo da Cabana as noites alternativas volveránse centrar no fútbol e no kickboxing, mentres que o domingo 18 de agosto, o básket e a defensa personal para maiores de dez anos serán os deportes a elixir e seguirá habendo actividades alomenos ata o 21 de agosto.

O mércores 14, os nenos de máis de cinco anos desfrutarán desde as 16.00 horas de xogos acuáticos na praia de Tupide.

0.15528392791748