O teatro regresa a Meira da man de Ítaca Teatro coa obra 'Profetas'

TerraChaXa
A obra chega á localidade avalada polo seu 16º Premio Abrente de textos teatrais na prestixiosa Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia
teatro-m-de-meira
9 May 2025

A Casa da Cultura de Meira acollerá este sábado 10 de maio, ás 20:00 horas, unha nova cita co teatro. Nesta ocasión, será a compañía Ítaca Teatro quen suba ao escenario para presentar a súa obra Profetas, baixo a dirección de Carlos Álvarez-Ossorio.

A obra chega a Meira avalada polo seu 16º Premio Abrente de textos teatrais na prestixiosa Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, un recoñecemento que destaca a calidade e o compromiso escénico desta proposta.

A representación está patrocinada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo e organizada pola Asociación Cultural M de Meira, que continúa apostando pola dinamización cultural e o achegamento das artes escénicas ao público local.

⚙ Configurar cookies
0.1565101146698