O Tecor Terra Chá organiza en Cospeito a V Proba de Caza Práctica con mención CACT

TerraChaXa
Durante esas dúas xornadas, participantes e público poderán asistir ao traballo de cans especializados na caza práctica
probas-caza-cospeito
11 Mar 2026

A comarca da Terra Chá converterase a próxima fin de semana nun punto de encontro para os afeccionados á caza deportiva e ás razas británicas de cans de mostra coa celebración da V Proba de Caza Práctica con mención CACT, organizada polo Tecor Terra Chá en colaboración co Concello de Cospeito.

A competición desenvolverase os días 14 e 15 de marzo na zona de cetrería de O Arneiro, no municipio de Cospeito. Durante esas dúas xornadas, participantes e público poderán asistir ao traballo de cans especializados na caza práctica, unha disciplina na que se valora a habilidade, o instinto e a coordinación dos animais no medio natural.

A cita reunirá a afeccionados chegados de diferentes puntos de Galicia e doutros territorios, convertendo os terreos chairegos nun espazo de encontro para profesionais, criadores e amantes deste deporte. Ademais da competición, o evento pretende fomentar a convivencia entre participantes e público, así como poñer en valor o entorno natural da Terra Chá e a tradición cinexética da zona.

Desde a organización animan á veciñanza e aos afeccionados a achegarse ata O Arneiro para vivir de preto unha fin de semana marcada polo contacto coa natureza, o compañeirismo e o protagonismo dos cans de caza, auténticos protagonistas dunha proba que xa se consolida como unha referencia dentro do calendario destas competicións.

0.11704087257385