O Tecor Terra Chá organiza esta fin de semana o seu Memorial David García

TerraChaXa
Muimenta acollerá a fin de semana actividades con motivo de la celebración por parte do Tecor Terra Chá do Memorial David García.
cetreria muimenta tecor terra cha colexio
28 Abr 2023

Muimenta acollerá esta fin de semana unha serie de actividades con motivo de la celebración por parte do Tecor Terra Chá do Memorial David García.

Estas actividades, vinculadas á caza, tiveron o seu inicio durante a semana con varias sesións celebradas nos colexios da contorna para falar de cetrería e cans de mostra. Estiveron a cargo de Corsino Valero Vilar e Cestrero Trastoy.

Este sábado, con centro na casa da cultura de Muimenta celebraranse varias accións. A única que se fará fóra será a partir das 9.00 horas a Copa de España de Cans de Rastreo sobre xabaril salvaxe, organziada pola Real Sociedade Canina Española.

Ademais, dende as 10.00 horas terán lugar varias ponencias, sobre coidados de cans de caza e mellora da eficiacia do disparo pola mañá, e sobre a seguridade nas batidas e unha mesa redonda sobre o xabaril na comarca da Terra Chá, pola tarde.

O domingo celebranse probas de caza San Huberto e Cans de Parada, puntuables para a Copa FGalicia, en Bendia, no concello de Castro de Rei. Darán comezo ás 8.00 horas.

De volta en Muimenta, terá lugar un cuso de xuíces de rastro de xabaril e unha xornada de iniciación e tecnificación para concursantes.

O día 1 de maio a programación desprazarase ao recinto feiral Manuel Vila de Muimenta, onde se celebra a Festa da Filloa, para realizar exhibicións de cetrería, de cans de mostra e de tiro con arco ademais de un show cooking con carne de caza. Tamén haberá un simulador de tiro.

memorial david garcia tecor terra cha
0.20158505439758