O tecor Terra Chá organiza unha dobre xornada de cetraría e becacina o día 10

TerraChaXa
O tecor Terra Chá e a Federación Galega de Caza organiza o próximo día 10 de febreiro unha proba aberta de cetraría, que se desenvolverá en terreos de Arneiro.
xornada-caza-cospeito
14 May 2024

O tecor Terra Chá e a Federación Galega de Caza organiza o próximo día 10 de febreiro unha proba aberta de cetraría, que se desenvolverá en terreos de Arneiro.

Os participantes deste evento serán recibidos ás 9.00 horas para dar comezo aos voos. Farase unha parada na sesión ás 13.00 para un taco campeiro, que se servirá aos asistentes. Logo do sorteo de material de cetraría, previsto para as 14.00 horas reanudaranse os voos ata as 17.30 horas, que se dará por pechada a xornada.

Ese mesmo día, organízase tamén un campionato social sobre becacina, no que tamén colaboran Xunta e Deputación provincial. O prazo de inscrición é de 40 euros, que inclúe o xantar.

Comezará a sesión ás 8.30 horas coa reunión dos participantes no bar Alvariño de Muimenta.

As persoas interesadas en participar ou traer algún invitado deberán comunicalo previamente por whastsapp no 671 147 112 (Jesús).

O menú do xantar constará de empanada, xamón cocido, polbo con cachelos, sobremesa, viño, café e chupitos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17564606666565