O Tecor Terra Chá pechou a campaña de caza do xabaril cun balance histórico

TerraChaXa
Acadou un total de 307 capturas en só 14 xornadas, a mellor media rexistrada desde que hai datos
xabaril-tecor-terra-cha
10 Jan 2026

O Tecor Terra Chá pechou a campaña de caza do xabaril cun balance histórico, acadando un total de 307 capturas en só 14 xornadas, o que supón a mellor media rexistrada dende que existen datos. Un resultado que pon de manifesto a boa coordinación entre as cuadrillas, o traballo ben planificado no monte e unha tempada marcada por numerosos lances de gran intensidade.

Entre as manchas máis destacadas pola súa produtividade atopáronse Molareda, con 44 capturas, Xermar, con 40, e Muimenta, con 37, liderando unha campaña caracterizada pola abundancia de levantes e polo esforzo conxunto das persoas participantes.

Desde o Tecor subliñan que, malia a elevada presión cinexética exercida durante a tempada, os datos amosan que a poboación de xabaril continúa forte e que o equilibrio do territorio se mantén en boas condicións, confirmando unha xestión sostible da actividade.

Unha vez finalizada a campaña, chega agora o momento de deixar descansar o monte e de preparar os cans de cara á vindeira tempada, coa vista posta en seguir mantendo os bos resultados e o correcto funcionamento do Tecor Terra Chá.

0.12209796905518