O telecentro da Cámara Agraria de Begonte comezará a funcionar tralo Nadal
O Concello de Begonte rematou os traballos de acondicionamento da planta baixa da Cámara Agraria, situada fronte ao Concello, que pasar a ser agora un telecentro que contempla un aula de formación.
O Concello investiu os últimos anos no acondicionamento deste edificio en varias fases varias axudas e tamén o traballo do obradoiro de emprego de albañilería e xardinería realizado xunto con Rábade e Friol.
O novo telecentro acollerá a aula de informática e a programación do telecentro dará comezo unha vez que remate o Nadal. Tamén se destinará un espazo para as asociacións para que realicen cursos ou outras actividades.
Por outra banda, o alcalde anunciou tamen que remataron as obras da rúa que une o centro de saúde e o polígono industrial, que ten as súas beirarrúas novas e á que só lle resta o alumeado. O alcalde indicou que as obras estiveron subvencionadas pola Consellería de Industria pero que o alumeado, que non entraba no orzamento, realizarase aproveitando a obra pero con fondos propios, que ascenden a 140.000 euros.