O torneo de parchís de Guitiriz reuniu a 32 participantes
TerraChaXa
O pasado venres, 17 de novembro, a Biblioteca Pública Municipal Casa Habanera do Concello de Guitiriz acolleu o I Torneo de Parchís, no que participaron 32 persoas, con idades comprendidas entre os 7 e os 80 anos.
22 Nov 2023

Nesta primeira ronda clasificáronse 16 veciños e veciñas que serán convocados para o vindeiro mes de decembro, data na que se definirá ao campión ou campioa desta edición.
Durante a xornada inicial cada participante foi agasallado cun marcapáxinas, ademais de gozar dunha pequena merenda e un sorteo de libros.