O Torneo San Ramón 2019 de tenis será na memoria de Juan José Pereira Vázquez

TerraChaXa
O sábado 2 de febreiro tivo lugar a Asamblea Extraordinaria do Club Tenis Vilalbés debido ao falecemento do seu presidente Juan José Pereira Vázquez e a dimisión da xunta directiva.
Captura de pantalla 2019 02 06 a las 16.48.09
7 Feb 2019
O sábado 2 de febreiro tivo lugar a Asamblea Extraordinaria do Club Tenis Vilalbés debido ao falecemento do seu presidente Juan José Pereira Vázquez e a dimisión da xunta directiva. Un dos puntos a tratar foi a presentación de candidaturas á Presidencia.

Só presentouse unha candidatura á presidencia ao Club Tenis Vilalbés, a de Paulino Fernández Seoane. Trala súa elección, quere agradecer públicamente o traballo realizado nestes 18 anos ao presidente falecido D. Juan José Pereira Vázquez e a toda a xunta directiva.

Os obxectivos para a nova etapa serán dar continuidade ás actividades desenvolvidas durante a tempada 2017- 2018; aumentar o non de Socios, que na actualidade roza os 50; incrementar o número de alumnos da Escola de Tenis; ampliar as actividades para fomentar a práctica do Tenis e adicar o Torneo San Ramón 2019 á memoria de Juan José Pereira Vázquez.

CAMPIONATO GALEGO POR EQUIPOS ABSOLUTO MASCULINO
O Club Tenis Vilalbés participa cun equipo no Campionato Galego Absoluto Masculino, que deu comezo o 26 de xaneiro, xogando a 1ª xornada en Lugo contra o C.T. As Termas. A vindeira xornada será en Vilalba nas pistas de tenis da Magdalena o domingo día 10 de febreiro a partir das 10h contra o equipo do C.Dep.Dereito Empresariais.
0.21554017066956