O tradicional Descenso do Miño regresa este sábado para unir Rábade e Lugo

O Club Fluvial de Lugo presentou a LXVIII Edición do Descenso do Miño, a segunda proba de piragüismo máis antiga de España, organizada polo Club Fluvial de Lugo e a Federación Galega de Piragüismo.
A proba desenvolverase o sábado día 7, a partir das 17,00 horas, con saída na ponte Medieval de Rábade e chegada á ponte Romana de Lugo, logo de 17,5 quilómetros de percorrido.
Os organizadores e tamén os colaboradores, Xunta e Deputación aseguran que “por historia, tradición, recoñecemento e participantes esta proba é a máis imporante de Galicia”.
Un ano máis as cifras de participación superarán os 300 padexeiros, as 270 embarcacións e os 30 clubs de toda Galicia.