O Trail das Bestas abre mañá o prazo de inscrición
O Concello de Muras segue adiante co seu plan de celebrar o 11 de xullo unha nova edición do Trail das Bestas, a cuarto, polo que mañá, 1o de maio, abrirase o prazo de inscrición na web da organización e na plataforma de Galitiming.
Debido a presenza da pandemia, este ano, haberá unha serie de medidas e protocolos para facer do trail un evento totalmente seguro.
Unha das primeiras medidas será que se realizarán saídas escalonadas de 4 corredores por minuto (1 por distancia). Estas horas de saídas serán adxudicadas por sorteo. Ademais, a recollida de dorsais e chips será con cita previa. Os corredores terán a obriga de usar máscara no primeiro e no último quilómetro. Ademias, as prazas estarán limitadas a cen corredores por distancia e 50 no maratón.
O resto do protocolo e normativa sanitaria que implementarán estará na web previo á apertura de inscricións.
Tamén se fixo público o cartel do evento.