O Trail das Bestas de Muras abre o prazo de inscrición

TerraChaXa
O Trail das Bestas de Muras confirmou xa a súa próxima celebración, que terá lugar o 7 de xullo na Serra do Xistral, na que é a súa sétima edición.
29 Abr 2024

O Trail das Bestas de Muras confirmou xa a súa próxima celebración, que terá lugar o 7 de xullo na Serra do Xistral, na que é a súa sétima edición. Xa está aberto o prazo de inscrición, que pode facerse, como sempre na propia web do evento.

Pero, este ano, esta dura proba de resistencia, será tamén sede do Campionato de Galicia de Trail Running na distancia maratón.

A maiores disputaranse todas as modalidades clásicas do Trail das Bestas, sendo puntuables para o Ránking Galego de Trail Running G1 as categorías Maratón (Campionato de Galicia), Classic (27k), Preclassic (12k) e a andaina na Serra do Xistral.

O evento contará con premios directos e sorteos do patrocinador do circuíto, Lurbel así como unha gran cantidade de actividades para adultos e pequenos.

O Trail das Bestas, que ten experimentando un importante impulso nos últimos anos, xa é unha cita obrigada para estes atletas. O ano pasado participaron 250 deportistas nas diferentes categorías e estrearon itinerario.

0.16718006134033