O Trail das Bestas adiántase ata o 11 de xullo

TerraChaXa
Co obxectivo de seguir a desenvolver o Trail das Bestas no Concello de Muras, a organización decidiu adiantar no tempo a súa nova edicion, a IV, que será o 11 de xullo, un sábado pola tarde, cando ata o de agora celebrouse o primeiro domingo de novembro pola mañá.
72465870_2476821555870500_4542111147414781952_o
10 Dec 2019

Co obxectivo de seguir a desenvolver o Trail das Bestas no Concello de Muras, a organización decidiu adiantar no tempo a súa nova edicion, a IV, que será o 11 de xullo, un sábado pola tarde, cando ata o de agora celebrouse o primeiro domingo de novembro pola mañá.

Esta c0mpetición, unha das máis duras, está subvencionada polo Concello o obxectivo de poñer en valor o Concello de Muras e a Serra do Xistral. Esta importante novidade na organización traerá aparallados tamén outro cambios como a limitación a 500 participantes, actividaes postevento e zona de acampada, das que se irán informando ao longo deste tempo.

O IV Trail das Bestas de Muras soe ter un percorrido circular con saída e meta na Área Recreativa da Veiga despois de percorrer un circuíto marcado con cinta de balizamento e con sinais de dirección nos cruces a carón da localidade de Muras chegando á Serra do Xistral no seu punto máis lonxano. A organización establece catro distancias diferentes para percorrer. A máis dura, de 43 quilómetros; a media maratón, de 24,5 km, e a curta e a andaina, de 15 km. Todas elas teñen tramos con desnivel.

Tamén se establecen diferentes categorías, sénior masculino ou feminino -dende os 18 ata os 45 anos- e veterano ou veterana -a partir dos 46 anos tendo en conta a idade que terá o corredor ou corredora a final do ano-. Haberá trofeos para os tres primeiros de ambas categorías.

0.19530010223389