O Trail das Bestas de Muras contará con servizo de ludoteca para os máis pequenos

TerraChaXa
Para aqueles que queiran participar no Trail das Bestas de Muras, que terá lugar o 4 de novembro, haberá un servizo de Ludoteca para os seus cativos durante o tempo que dure a carreira.
44229670_494024544433358_1189860559814656_o
18 Out 2018

Para aqueles que queiran participar no Trail das Bestas de Muras, que terá lugar o 4 de novembro, haberá un servizo de Ludoteca para os seus cativos durante o tempo que dure a carreira. Con esta oferta faise posible que haxa moitos máis participantes, xa que posibilita que alguén quede ao coidando dos vosos fillos. Sempre e cando teñan entre 3 e 14 anos.

O percorrido do Trail será circular con saída e meta na Área recreativa da Veiga. Nesta edición a proba discurrirá pola Serra do Xistral, un marco espectacular e dun gran interese natural. Estará marcado con cinta de balizamento e con sinais de plástico nos cruces. Tamén haberá sinais de spray biodegradable nalgúns puntos.

INSCRICIÓNS E DISTANCIAS:

Distancia Maratón 43 kms:
22€ ata o día 26 de outubro ás 23:59
26€ do 27 de outubro ata o día 1 de novembro ás 22:00

Distancia Media 26 kms:
18€ ata o día 26 de outubro ás 23:59
22€ do 27 de outubro ata o día 1 de novembro ás 22:00

Distancia Curta 14 kms:
16€ ata o día 26 de outubro ás 23:59
20€ do 27 de outubro ata o día 1 de novembro ás 22:00

Andaina 14 kms:
9€ ata o día 26 de outubro ás 23:59
13€ do 27 de outubro ata o día 1 de novembro ás 22:00

 

HORARIOS

07:30 a 09:00    Recollida de dorsais
08:30                 Saída Maratón
09:30                 Saída 26 km, 14km e andaina

 

0.22291588783264