O Trail das Bestas de Muras foi distinguido como o mellor de Galicia na gala da Federación Galega de Atletismo

TerraChaXa
O galardón pon en valor o traballo colectivo que fai posible o evento ano tras ano, desde a organización ata a participación dos atletas
muras-mellor-trail-de-galicia
9 Jan 2026

O Trail das Bestas de Muras foi distinguido como mellor trail de Galicia na Gala Anual de Trail Running da Federación Galega de Atletismo, celebrada o xoves 8 de xaneiro no Teatro Principal de Ourense. Este recoñecemento consolida a proba como unha das citas deportivas máis destacadas do calendario galego de montaña.

O galardón pon en valor o traballo colectivo que fai posible o evento ano tras ano, desde a organización ata a participación dos atletas, así como a implicación das empresas, patrocinadores, persoas colaboradoras e da veciñanza do concello, cuxo apoio resulta fundamental para o éxito da carreira.

O premio foi recollido polo alcalde de Muras, Manuel Requeijo, quen destacou que este recoñecemento pertence a todas as persoas que contribúen a que o Trail das Bestas sexa unha realidade e un referente no trail running galego. A distinción supón un novo impulso para seguir apostando polo deporte, pola promoción do territorio e pola organización de eventos de calidade no medio rural.

⚙ Configurar cookies
0.079447984695435