O Trail das Bestas de Muras, que recupera a data de novembro, abre o prazo de inscrición

TerraChaXa
Esta dura proba de resistencia, será tamén puntuable para o Ráncking G3 das Galicia Trail Running Series
trail-das-bestas10
5 Oct 2025

O Trail das Bestas de Muras confirmou xa a súa próxima celebración, que terá lugar o 9 de novembro na Serra do Xistral, na que é a súa oitava edición. Xa está aberto o prazo de inscrición, que pode facerse, como sempre na propia web do evento. Esta proba recupera a súa celebración en novembro despois de dous anos que se adiantou ao verán.

Pero, este ano, esta dura proba de resistencia, será tamén puntuable para o Ránking G3 das Galicia Trail Running Series.

Disputaranse todas as modalidades clásicas do Trail das Bestas, o Maratón de 43 quilómetros e 2.080 metros de desnivel, a Classic (27k + 1.260 m), o curto (12k + 570 m) e a andaina na Serra do Xistral.

O Trail das Bestas, que ten experimentando un importante impulso nos últimos anos, xa é unha cita obrigada para estes atletas. Participan anualmente máis de 250 deportistas nas diferentes categorías e estrearon itinerario.

⚙ Configurar cookies
0.13023686408997