O Trail das Bestas recupera a súa data de celebración en novembro

TerraChaXa
A organización, a que aínda non abriu inscricións, fixo esta convocatoria pero sen dar a coñecer cantas prazas haberá
trail-das-bestas10
14 Sep 2025

O Concello de Muras, organizador do Trail das Bestas, vén de cambiar de novo a data para esta nova edición, que será o sábado 8 de novembro, unha semana antes da celebración da Feira do Mel de Montaña, que será o 16. Recupérase así a data orixinal de celebración tralo cambio realizado dous anos atrás por petición popular.

A organización, a que aínda non abriu inscricións, fixo esta convocatoria pero sen dar a coñecer cantas prazas haberá, pero se supón que manterán as do ano pasado, que foron  un máximo de 500.

Esta proba, unha das máis existentes do panorama deportivo da provincia ten un percorrido próximo aos 30 quilómetros con saída e meta na Área Recreativa da Veiga despois de percorrer un circuíto marcado con cinta de balizamento e con sinais de dirección nos cruces a carón da localidade de Muras chegando á Serra do Xistral no seu punto máis afastado. A organización establece tres distancias diferentes e tamén dous tramos para unha andaina que se celebra de forma paralela.

Tamén se establecen dúas categorías, absoluto e veterano (este último para maiores de 46 anos). Os premios absoluto e veterano son acumulativos. Haberá trofeos para os tres primeiros de cada categoría.

⚙ Configurar cookies
0.18008995056152