O Trail das Bestas volverá a Muras o 16 de xullo
O Concello de Muras, organizdor do Trail das Bestas, vén de convocar unha nova edición do mesmo para o 16 de xullo, domingo.
A organización fixo esta convocatoria pero aínda non se sabe cantas prazas haberá aínda que o ano pasado foron 500. As inscricións abriranse en marzo.
A que será a sexta edición soe ter un percorrido circular con saída e meta na Área Recreativa da Veiga despois de percorrer un circuíto marcado con cinta de balizamento e con sinais de dirección nos cruces a carón da localidade de Muras chegando á Serra do Xistral no seu punto máis lonxano. A organización establece catro distancias diferentes para percorrer.
Tamén se establecen diferentes categorías, sénior masculino ou feminino -dende os 18 ata os 45 anos- e veterano ou veterana -a partir dos 46 anos tendo en conta a idade que terá o corredor ou corredora a final do ano-. Haberá trofeos para os tres primeiros de ambas categorías.