O tráil solidario de Sargadelos será mañá
TerraChaXa | AMariñaXa
23 Xul 2019
No marco do Festival de Sargadelos se encadra un Tráil Solidario de seis kilómetros que se disputará o día 24 de xullo a partir das 19 horas nas inmediacións do conxunto histórico artístico da empresa de cerámica cervense. Pouco despois, ás 19.15 horas, sairá tamén unha andaina solidaria do mesmo punto que tamén discurrirá por eses seis kilómetros para os que non queiran correr.
A organización vai entregar dorsais para os corredores ata as 18.30 horas e a inscrición é gratuíta aínda que conviña facela ata o domingo día 21, pero aínda se pode un anotar ou acodir directamente. Para máis información se pode escribir a adatroula@gmail.com, xa que son Os Amigos da Troula quen o organizan en colaboración co Concello de Cervo.