O trofeo Banco Sabadell puxo fin as regatas en Ribadeo e só queda a entrega de premios
O pasado luns finalizaron as regatas da XXIX edición da Semana Náutica Ría de Ribadeo coa celebración do IV Trofeo Banco Sabadell Gallego de vela tradicional, que gañou a embarcación Aquiles e este sábado 17 procederase a entrega de premios.
A proba tíñase aprazado dende o pasado martes, pola ausenciaa de vento pero o luns desenvolveuse axiña por ter sido a tarde coas mellores condición meteorolóxicas da presente edición que organiza o Real Club Náutico de Ribadeo.
Despois de Aquiles, do Náutico ribadense, clasificáronse as embarcacións Ivamar, do Club Náutico de Figueras, e Círculo, do Real Club Náutico de Ribadeo.
O sábado, 17 de agosto, celebrarase o acto de entrega de trofeos da XXIX Semana Náutica a partir das 20:00 horas nas instalacións do Real Club Náutico de Ribadeo.