O ucraniano Sergei Priadun adestra estes días no Club de Loitas Olímpicas de Vilalba

TerraChaXa
Dende o 8 ao 22 de decembro o ucraniano Sergei Priadun estará traballando como convidado do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba.
sergei_portda
17 Dec 2018

Dende o 8 ao 22 de decembro o ucraniano Sergei Priadun estará traballando como convidado do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba. Sergei xa estivo varias veces traballando con dito club e sempre que pode tenta vir para axudar a mellorar aos deportistas vilalbeses e a outros clubs galegos que se achegan a traballar co adestrador ucraniano.

Sergei Priadun, na súa etapa como deportista, sempre destacou por ser dos máis técnicos da categorías dos pesos pesados acadando dous subcampionatos de Europa, un mundial de loita militar e dúas participacións nos Xogos Olímpicos.

Durante estas dúas semanas Sergei centrará o seu traballo en mellorar o traballo técnico dos deportistas con aspiracións en competicións internacionais aínda que igualmente poderán participar todos aqueles deportistas dos clubs galegos que desexen achegarse aos adestramentos polas mañás de 10:30 a 12:30 e polas tardes de 20:00 a 22:00.

Sergei
0.18990206718445