O Ukrainian Ballet Theater trae 'Romeo y Julieta' a Vilalba

Este domingo, 16 de marzo, ás 18:00 horas, o auditorio municipal de Vilalba acollerá unha representación única do ballet clásico Romeo y Julieta, a cargo do prestixioso Premiera Ukrainian Ballet Theater, que chega por primeira vez a España.
Esta apaixonante adaptación da obra mestra de Shakespeare transportará o público a unha Verona marcada pola rivalidade e o rancor, onde dous mozos amantes, pertencentes a familias enfrontadas, vense atrapados nun destino tráxico. A través dunha coreografía elegante e emotiva, a danza expresará a intensidade do seu amor, a beleza da súa conexión e a dor da súa perda.
Un espectáculo inesquecible que fusiona arte e emoción, levando a escena unha das historias de amor máis universais de todos os tempos. As entradas están dispoñibles desde 26,40 euros.