O Valadouro acolle a primeira poxa de Rubia Galega organizada por Acruga

TerraChaXa | AMariñaXa
A Asociación Nacional de Criadores de Raza Rubia Galega, Acruga, celebra mañá a súa primeira poxa de novillas preñadas na comarca da Mariña, no municipio do Valadouro, no transcurso da Feira de Razas Autóctonas Galegas que se celebra neste concello.
1 Feb 2019

A Asociación Nacional de Criadores de Raza Rubia Galega, Acruga, celebra mañá a súa primeira poxa de novillas preñadas na comarca da Mariña, no municipio do Valadouro, no transcurso da Feira de Razas Autóctonas Galegas que se celebra neste concello. O presidente de Acruga, César Dourado, móstrase moi satisfeito por "comezar a presentarnos con poxas na Mariña, unha comarca na que está crecendo a demanda e o interese pola nosa raza". De feito, explica que "a asociación respondeu á solicitude que nos fixo o Concello e tamén os propios gandeiros desta raza que hai nesta zona".
A poxa comezará á unha do mediodía, unha hora na que se presentarán as cinco novillas preñadas, procedentes do rebaño de élite do centro de recría da Deputación de Lugo. Os interesados en puxar por algún destes animais poderán retirar a súa tarxeta a partir das 12.00, para unha hora despois tomar parte na poxa. Todos os exemplares foron seleccionados polas súas excelentes características productoras, xenéticas, morfolóxicas e reprodutoras. Teñen idades comprendidas entre os 23 e os 27 meses, e están preñadas de catro a sete meses. Todas elas terán un prezo de saída de 1.800 euros. Ademais, Caixa Rural axudará á compra destes animais cunha subvención de 200 euros por exemplar.
O Valadouro é, precisamente, o concello con máis explotacións de Rubia galega da comarca, un total de 13, e con 154 cabezas de gando. Proba da crecente demanda desta raza neste municipio é que nos últimos dous anos puxéronse en marcha 10 novas explotacións no Valadouro, das 27 ganadeirías que se incorporaron a Acruga e que comezaron a súa actividade apostando por esta raza autóctona. A comarca da Mariña conta actualmente con 63 explotacións e con 900 cabezas de gando.

0.10322308540344