O Valadouro acolle unha función do grupo O Centiño
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
3 Out 2019
O grupo de teatro O Centiño recalará o sábado 5 de outubro no Valadouro para ofrecer o que denominan a maior representación mundial, interplanetaria, interestelar e intergaláctica da súa obra, O Guindilla, a función máis picante e endexamáis escrita e dirixida por Pepe Peinó.
A actuación terá lugar ás 20 horas, no salón de actos da casa da cultura do Valadouro.
Forma parte da programación de teatro provincial Buxiganga e colabora coa súa posta en escea o Concello do Valadouro.