O Valadouro comezou as obras do parque infantil de Concepción Arenal

O Concello do Valadouro comezou a obra de acondicionamento do Parque Infantil Concepción Arenal.
Esta obra, conta cun investimento de 49.404,97 euros con cargo o Plan Único 2019 da Deputación de Lugo e inclúe o pavimento continuo absorbente de impactos, a reparación e pintado de xogos actuais, a reparación da cerrume e a instalación de novos xogos.
Por outra banda, xa case está rematada a cuberta no patio do colexio que unira a saída das aulas co pavillón municipal. Esta obra fixose cun investimento de 8.791,86 euros con cargo ao Plan Único.
