O Valadouro: Ruta dos Pozos

TerraChaXa
Unha ruta de 3 quilómetros, sinxelo e apto para familias e mascotas, que parte dende a casa da cultura
valadouro-ruta-dos-pozos
17 Feb 2026

Unha ruta sinxela de pouco máis de 3km (ida) que parte dende a Casa da Cultura e pasa por varios puntos de interese, como o Museo do Mel, a área recreativa do Batán, o Pozo das Moscas ata finalmente chegar ao Pozo da Onza, unha fermosa fervenza de 15m co seu remanso de auga. Apto para familias e mascotas.

Comezarase a ruta en Tras do Río, por un camiño asfaltado ata chegar á ponte situada no lugar da Portela. Desde aquí seguirase por outro camiño de pescadores polo rego de Ferreira ata o Pozo das Moscas, onde ían bañarse antigamente os mozos.

Continuando polo mesmo carreiro chegarase ata a ponte situada na Rexedoira. Unha vez aquí haberá que coller o camiño cara á dereita. A uns 300 metros chegarase ao cruzamento dos montes de Gandelo. Chegados a este punto o percorrido continúa polo primeiro carreiro situado á esquerda para atravesar montes de eucaliptos e piñeiros e tamén poderanse atopar poboacións de mimosas, carballos e acivros.

Despois de percorrer aproximadamente quilómetro e medio, deberase cruzar un camiño asfaltado para continuar o itinerario por outro camiño que discorre por carballos e castiñeiros ata o rego de Valdeinfiernos (Val dos Infernos). A partir deste punto o carreiro seguirá río arriba, paralelo ao mesmo, ata chegar ao Pozo da Onza, onde se atopa unha fermosa fervenza duns 15 metros de altura.

O regreso deberá facerse polo mesmo carreiro ata unha ponte de pedra situado en Amarela. Desde aquí retomarase o camiño asfaltado durante o primeiro quilómetro, e posteriormente de terra, ata chegar de novo ao cruze dos montes de Gandelo, que levará aos sendeiristas novamente ata a ponte da Portela e, desde alí ao comezo da ruta.

⚙ Configurar cookies
0.079391956329346