O velatorio familiar de Alcoa visibilizou o impacto do ERE na Mariña

TerraChaXa | AMariñaXa
O velatorio familiar de Alcoa visibilizou o impacto do ERE na Mariña
2447310
28 Nov 2020

O comité de empresa de Alcoa organizou un “velatorio familiar” hoxe sábado 28 de novembro para seguir facendo visible a súa situación e as súas reivindicacións.

Así, colocaron diante da entrada da factoría cervense un monolito similar ao que fai 40 anos inauguraron os Reis Don Juan Carlos e Dona Sofía e a súa beira cen cruces das mil que teñen previsto colocar nas vindeiras semanas en diferentes lugares da provincia lucense.

Cada cruz colocada representa a un dos traballadores que podería quedarse sen emprego se o ERE segue adiantes, xa que 534 serán empregos directos e outros tantos serán das auxiliares.

Tamén instalaron ás portas da fábrica unha chimenea, réplica da do complexo de Aluminio, coa cara de aquelas persoas que participaron nas mobilizacións.

Segundo o presidente do comité, José Antonio Zan, “non podemos baixar os brazos, agora estamos chegando case o final do camiño, e o vindeiro día 3 demostraremos no xuízo que é unha auténtica locura aplicar un ERE a esta plantilla xa que xamais estivo o Alumninio en tan boas condicións nestes últimos tres anos".

Neste velatorio participaron veciños e traballadores en apoio aos empregados e á intervención da fábrica cervense, portando cirios e luces para o casco así como cruces.

 

EbmfWXkhz0Xwej2CkYWa8OsokTkrruTz8t8HlGo0COMOL3fsaaJahGnHELuxkEOdG9mOyYkLCjJveU5YfDyJs5Qrcwpy5s3nwX24Mmgq7Y2m6bzX6GtQB_DAsrzlq5RWlI5bHRRmdwIdFGzHXKsggBY7bzQYhQqdIBN4MTVg3Ow

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14306092262268