O venres arrancará na Pastoriza o segundo torneo de pádel

TerraChaXa
Esta cita repítese a petición popular e polo éxito que tivo a primeira edición
torneo-de-padel-a-pastoriza
Cartel do evento
20 Xuño 2024

A Asociación de Empresarios e Comerciantes da Pastoriza, Asapa, inicia o vernes o II Torneo de Pádel A Pastoriza, que se desenvolverá os días 21, 22 e 23 de xuño na pista de pádel da localidade, ao carón do pavillón de deportes.

A organización seguirá as normas da primeira sesión, na que houbo dúas categorías, masculina e feminina, e unha limitación de 12 parellas en cada unha.

Esta cita repítese a petición popular e polo éxito que tivo a primeira edición e contará con servizo de bar e exhibición de zumba. Cada participante recibirá un agasallo pero ademais repartirán dous premios nas categorías masculina e feminina, de 120 euros, 1 mochila, 1 queixo e 1 botella de viño para o primeiro e de 50 euros con botella de viño,  e chourizos para o segundo.

0.12093901634216