O venres darán comezo as festas patronais na Feira do Monte
O Concello de Cospeito continúa co seu programa festivo do mes de abril e maio. Este deu comezo coa Moexmu de Muimenta, seguiu coa Feira da Maquinaria Usada, e o mércores será a Festa da Filloa.
Para completar este programa, A Feira do Monte celebrará as súas festas patronais a fin de semana do 4 ao 5 de maio, as Festas das Cruces na honra á Virxe do Monte.
O apartado musical volve a cobrar protagonismo. Polo tanto, estarán presentes as orquestras Gran Parada, na noite do vernes, Ritmo Joven e Combo Dominicano o sábado en sesión vermú e verbena, e o dúo Dilema o domingo ao mediodía.
O domingo tamén haberá pasarrúas a cargo do grupo de gaitas local Asubíos da Chaira e a misa maior estará cantada polo Coro Municipal Virxe do Monte. Esta será ás 13.30 horas. Tamén haberá oficio relixioso o sábado ás 13.30 horas.
A comisión lembra que o campo estará cuberto cunha carpa para protexer das inclemencias do tempo.