O venres pecha a segunda quenda de matrícula nos ciclos do IES Terra Chá

TerraChaXa | LugoXa
O IES da Terra Chá José Trapero Pardo, ubicado en Castro Ribeiras de Lea, mantén aberto o prazo de inscrición para o próximo curso escolar.
ies terra cha trapero pardo
28 Xul 2021

O IES da Terra Chá José Trapero Pardo, ubicado en Castro Ribeiras de Lea, mantén aberto o segundo prazo de inscrición para o próximo curso escolar xa que quedan prazas libres.

Neste centro de ensino ofrécese unha ampla variedade formativa, que inclúe tanto FP Básica como ciclos de grado medio e superior. Os ciclos especializados en medio natural e actividades agropecuarias.

O alumnado pode acceder á FP básica de Actividades Agropecuarias, o ciclo medio de Técnico de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural e o superior de Xestión Forestal e do Medio Natural.

"A FP fornece unha vía rápida ó mundo laboral, e unha posibilidade de acceso a unha formación superior, dentro da propia FP ou na Universidade. Ademais, estudar FP nos centros do rural garante unha atención moi personalizada en grupos pequenos, cunha formación práctica de alto nivel e, no caso de Castro e a familia de agraria, un acceso inmediato a moitísimos recursos, equipamentos e iniciativas empresariais da contorna", explican dende o centro.

O prazo de matrícula pecharase este venres, 30 de xullo. Os interesados en informarse poden facelo a través do número 982 279 144 e 982 870 145 ou a través do correo electrónico ies.terra.cha@edu.xunta.gal.

ies terra cha matricula ciclos
0.15727591514587