O venres remata o prazo para inscribirse ao campamentos de verán das Pontes

TerraChaXa
Un verán máis o departamento municipal de servizos sociais e o centro de información á muller están xa a preparar unha nova edición do programa de conciliación campamentos urbanos; unha iniciativa ateigada de actividades, aprendizaxe e diversión para os máis pequenos da casa e que tamén é unha ferramenta do máis útil para axudar a aqueles pais e nais que deben atender as súas obrigas laborais, domésticas ou familiares e que non contan con quen deixar aos seus pequenos durante as vacacións escolares de verán.
12 Xuño 2019

Un verán máis o departamento municipal de servizos sociais e o centro de información á muller están xa a preparar unha nova edición do programa de conciliación campamentos urbanos; unha iniciativa ateigada de actividades, aprendizaxe e diversión para os máis pequenos da casa e que tamén é unha ferramenta do máis útil para axudar a aqueles pais e nais que deben atender as súas obrigas laborais, domésticas ou familiares e que non contan con quen deixar aos seus pequenos durante as vacacións escolares de verán.

O día 24 de xuño arrincará, novamente, este xa máis que necesario e consolidado programa de conciliación que tamén contará con catro quendas: entre o 24 e o 30 de xuño, o mes de xullo, o mes de agosto, e dende o 2 de setembro ata o día 6 deste mesmo mes.

O prezo de cada unha das quendas será de 40 euros, para os meses de xullo e agosto, e 10 euros para xuño e setembro, e no tocante á participación habilitaranse 65 prazas por mes e outras 5 a maiores para pequenos e pequenas con necesidades educativas especiais, para os meses de xullo e agosto e 30 prazas para as quendas de xuño e setembro.

Polo momento, aínda non hai escenario escollido para o desenvolvemento deste programa pero sí horario, con dúas opcións de entrada para os campistas, xa que os pequenos poderán entrar ás 8 da mañá e saír ás 2.30 da tarde o que lles permitiría contar con servizo de transporte e de almorzo ou xa entrar ás 10 e saír ás 2.30.

Onde non hai variantes é na documentación a presentar para sumarse a estes campamentos sendo necesario que os participantes conten con idades que van dos 4 aos 12 anos, presenten o formulario de inscrición, o certificado de empadronamento do pequeno e da súa familia; a fotocopia do libro de familia, o certificado de empresa de conforme os proxenitores deben traballar durante os meses de verán ou a fotocopia do último recibo de autónomos; o certificado da entidade que imparte a formación de estar a participar nalgún curso; a declaración xurada de estar a traballar no servizo doméstico ou ben coidando a unha persoa dependente; informes de saúde e os informes da traballadora social que acredite a situación de dependencia dalgún familiar.

Toda esta documentación deberá ser entregada no rexistro municipal dende o 5 ao 14 de xuño, en horario de mañá, ou mediante a propia sede electrónica municipal.

De darse o caso de contar cun maior número de inscricións que de prazas terán preferencia os pais e nais que xustifiquen estar os dous a traballar e non en período de vacacións e, no caso das familias monoparentais, que a persoa encargada dos fillos esté a traballar, facendo un curso de formación ou coidando a unha persoa dependente.

Estas bases xa se poden consultar mediante a web municipal no enderezo www.aspontes.org aínda que tamén é posible achegarse ata o departamento de servizos sociais, no segundo andar da Casa Dopeso, para solventar calquer tipo de dúbida ao respecto.

0.20530700683594