O VI Concurso de Tapas de Begonte, do 27 de outubro ao 5 de novembro
TerraChaXa
O Concurso de Tapas de Begonte amósase xa consolidado e coa chegada do outono, os hostaleiros do municipio reúnese co tenente de alcalde, Luís Luaña, para a posta en dunha nova edición.
6 Out 2017
O Concurso de Tapas de Begonte amósase xa consolidado e coa chegada do outono, os hostaleiros do municipio reúnese co tenente de alcalde, Luís Luaña, para a posta en dunha nova edición. Este ano será a sexta e celebrarase entre o venres 27 e o domingo 5 de novembro coa participación de 13 establecementos hostaleiros.
A cita obrigada para os veciños e veciñas do municipio e tamén dos arredores desenvolverase tódolos días entre as oito do serán e as once da noite cun prezo da tapa esablecido en 1,80 euros.
As persoas participantes que completen o percorrido entrarán nun sorteo.