O VI Rallye Mariña Lucense será os días 10, 11 e 12 de maio

TerraChaXa | AMariñaXa
A V edición do Rallye Mariña Lucense, celebrarase  este ano os vindeiros 12 ,13 e 14 de maio . Sendo así a terceira proba do Campionato Galego
VI rallye mariña lucense 2024
30 Mar 2024

A VI edición do Rallye Mariña Lucense, celebrarase este ano os vindeiros 10, 11 e 12 de maio 2024. Está organizada pola Escudería Mix Rallye Sport e é puntuable para o Campionato de Galicia de Rally. O seu primeiro gañador foi Iago Caamaño e o piloto máis laureado é Victor Senra, con dous triunfos.

Aínda non están publicados os tramos oficiais pero prevese que constará coma noutras ocasións de 5 treitos diferentes, todos eles a dobre pasada, tendo un total del 106,30 km cronometrados e un total de 362,39 km. A súa base estará no Concello de Viveiro e transcorrera tamén polos concellos de Xove , Cervo, O Vicedo, Muras e Ourol.

Contan que para esta sexta edición se repitan o gran número de pilotos, que na quinta edición foi de 86 pilotos e 36 escudarías inscritas, entre os que destacaban nomes como os de Víctor Senra ou Alberto Rey, os dous primeiros clasificados do campionato autonómico.

0.19044899940491