O vicealcalde de Vilalba reúnese cos veciños de Alba para recoller demandas e propostas de mellora
TerraChaXa
Modesto Renda convoca á veciñanza este venres para dialogar sobre actuacións na parroquia
14 Nov 2024
O vicealcalde e responsable de Infraestruturas Rurais, Modesto Renda, convoca aos veciños e veciñas da parroquia de Alba a unha reunión que terá lugar no local da Igrexa este venres, 15 de novembro, ás 20:30 horas. O obxectivo do encontro é explicar as posibles actuacións que o Concello prevé levar a cabo na parroquia e abrir un espazo de diálogo para recoller as demandas e suxestións da comunidade.
Este encontro forma parte da iniciativa "Parroquia a Parroquia", unha serie de reunións impulsadas pola Vicealcaldía para gobernar escoitando as necesidades reais de cada parroquia de Vilalba. Renda anima á veciñanza de Alba a participar activamente e a aproveitar esta oportunidade para facer chegar as súas propostas