O Vicedo ofrece un espectáculo de títeres este xoves

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
23 Out 2019

Esta semana no Vicedo hai unha nova actividade enmarcada no programa Ler Conta Moito, que se trata dunha campaña de animación á lectura da Xunta de Galicia, na que tamén colabora o Concello vicendense.

Nesta ocasión, trátase dunha actuación de títeres a cargo de Garabato de Xogos que presenta Unha Armadura con Ferruxe. Será este xoves ás 17.00 horas na Casa da Cultura do Vicedo e a entrada é gratuíta.

0.09947395324707