O Vicedo organiza un magosto gratuíto polas parroquias
TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello do Vicedo organiza para o sábado 7 un magosto gratuíto polas parroquias para que os veciños desfruten das castañas asadas.
5 Nov 2020
O Concello do Vicedo organiza para o sábado 7 un magosto gratuíto polas parroquias do municipio.
Así, levarán as castañas asadas aos veciños para celebrar a chegada do outono. Os horarios son orientativos e manteranse as medidas de seguridade e distancia motivadas pola pandemia COVID-19.
A ubicación no Porto do Vicedo será na intersección entre a rúa do Porto e a rúa Cidade de Mondoñedo.