O Vilalba de fútbol sala feminino consegue o ascenso coa vitoria ante o Pastoricense
TerraChaXa
O Valdesususo Peugeot Vilalba FS feminino conseguiu esta fin de semana ante a UD Pastoricense o título de Liga da Primeira Galicia Feminina e o pase directo á competición autonómica.
5 Mar 2018
O Valdesususo Peugeot Vilalba FS feminino conseguiu esta fin de semana ante a UD Pastoricense o título de Liga da Primeira Galicia Feminina e o pase directo á competición autonómica.
O partido decisivo, que tivo lugar no pavillón Municipal de Vilalba, puxo fronte a fronte aos dous primeiros clasificados na parte alta da táboa, separados unicamente por un punto.
Á UD Pastoricense valíalle o empate pero as rapazas de Vilalba pecharon cun contundente 7-2 o partido que lles valeu un título e o ascenso tras unha intensa e excepcional tempada no primeiro ano da competición. Como se esperaba, o pavillón acolleu unha chea de seareiros, cos que festexaron este excepcionarl momento.