O Vilalba FS cadete feminino clasifícase para a fase final da Liga

O equipo cadete feminino do Vilalba FS logrou o título de subcampión do grupo Norte da Liga na última xornada da competición
O Vilalba venceu na casa con rotundidade (4-0) ao Parrulo e mantén unha vantaxe de un punto co terceiro, o Narón.
O equipo chairego xa ten praza na semifinal da Liga, que se disputará unha vez rematada a fase de Copa, contra o primeiro clasificado do grupo Sur. Os campións de Liga irán ao Campionato de España.
O equipo de Vilalba pecha así unha gran tempada, con 10 vitorias, catro empates e dúas derrotas e retoma a próxima fin de semana a fase de grupos da Copa.