O Vilalba FS convoca a cuarta edición do campus mixto

TerraChaXa
O Vilalba FS organiza este ano a cuarta edición do Campus Mixto, que está convocado para celebrarse entre o 26 e o 30 de xuño
campus mixto vilalba fs portada
13 Xuño 2023

O Vilalba FS organiza este ano a cuarta edición do Campus Mixto, que está convocado para celebrarse entre o 26 3o 30 de xuño.

Durante este campamento desenvolveranse actividades de fútbol sala, baloncesto, tenis e moitos outros deportes en xornada continuada de 9.30 a 19.30 horas con temtempé, comida e merenda incluídas. Ademais, inclúe visita á Aquapark de Cerceda, torneos e outras actividades lúdicas como visita Diverland.

Este campus está dirixido a rapaces e rapazas de entre 6 e 16 anos e os que desexen anotarse teñen aberto xa o prazo. Está organizado por Forma-T Vilalba FS e informará sobre o mesmo todos os martes, xoves e venres no pavillón municipal de Vilalba entre as 18.00 e as 21.00 horas. Tamén ofrecen información nos teléfonos 639 620 978, 647 917 259 e no 628 529 172; ademais de no correo vilalbafs@yahoo.es.

O campamento terá un prezo de 180 euros por neno -xogador e de 170 para os irmaos.

campus mixto vilalba fs
0.068764209747314