O Vilalba FS convoca a quinta edición do campus mixto
O Vilalba FS organiza este ano a quinta edición do Campus Mixto, que está convocado para celebrarse entre o 24 e 28 de xuño.
Durante este campamento desenvolveranse actividades de fútbol sala, baloncesto, tenis e moitos outros deportes en xornada continuada de 9.30 a 19.30 horas con temtempé, comida e merenda incluídas.
Este campus está dirixido a rapaces e rapazas de entre 6 e 16 anos e os que desexen anotarse teñen aberto xa o prazo. Está organizado por Forma-T Vilalba FS e informará sobre o mesmo todos os martes, xoves e venres no pavillón municipal de Vilalba entre as 18.00 e as 21.00 horas. Tamén ofrecen información nos teléfonos 639 620 978, 647 917 259, 686 696 989 e no 628 529 172.
O campamento terá un prezo de 190 euros por neno-xogador e de 170 para os irmáns.