O Vilalba FS convoca a sexta edición do campus mixto

TerraChaXa
Está dirixido a rapaces e rapazas de entre 6 e 16 anos e os que desexen anotarse teñen aberto xa o prazo
campus-vilalba-fs
19 Jun 2025

O Vilalba FS organiza este ano a sexta edición do Campus Mixto, que está convocado para celebrarse entre o 23 e o 27 de xuño.

Durante este campamento desenvolveranse actividades de fútbol sala, baloncesto, tenis e moitos outros deportes en xornada continuada de 9.30 a 19.30 horas con temtempé, comida e merenda incluídas. Ademais, inclúe visita á Aquapark de Cerceda, torneos e outras actividades lúdicas.

Este campus está dirixido a rapaces e rapazas de entre 6 e 16 anos e os que desexen anotarse teñen aberto xa o prazo. Está organizado por Forma-T Vilalba FS e informará sobre o mesmo todos os martes e xoves no pavillón municipal de Vilalba entre as 18.00 e as 21.00 horas. Tamén ofrecen información nos teléfonos 639 620 978, 647 917 259, 686 969 989 e 628 529 172; ademais de no correo vilalbafs@yahoo.es.

O campamento terá un prezo de 190 euros por neno -xogador e de 170 para os irmáns.

⚙ Configurar cookies
0.16980409622192