O Vilalba FS faise co Memorial Francisco Javier González Vázquez

TerraChaXa
Vilalba acolleu para rematar o ano o tradicional Memorial Francisco Javier González Vázquez, dedicado ao fundador e presidente do club.
vilalba fs format torneo memorial
4 Xan 2022

Vilalba acolleu para rematar o ano o tradicional Memorial Francisco Javier González Vázquez, dedicado ao que foi fundador e presidente do club e que chegaba a súa oitava edición.

O Grupo Forma- T Vilalba FS feminino fíxose coa vitoria no pavillón municipal de  Vilalba. Nesta ocasión, tivo lugar un partido de fútbol sala feminino, no que se mediron o equipo anfitrión, de Preferente Autonómica, e o A Fervenza FSF, de Segunda División.

Intenso partido como corresponde a unha final co marcador igualado a uns grazas a un gol de Sabela polo que a final tivo que decidirse a penaltis.

0.095047950744629