O Vilalba FS feminino, subcampión de Liga na Segunda División

TerraChaXa
O equipo masculino acabou en táboas no partido de ida da segunda semifinal do ascenso e deixa todo aberto para a volta, que será a semana que vén
vilalba-fs-subcampioa
25 May 2025

Vilalba centrouse esta fin de semana en apoiar aos seus equipos de referencia do fútbol sala, que tiñan dúas tarefas importantes á vista.

Así, o equipo feminino do Grupo Forma-T Vilalba FS rematou a última sesión de Liga cunha vitoria de 0-2 sobre o Majadahonda, o que lle permite ser subcampioa da Segunda División, un punto por debaixo do Bembrive, e un por riba de Ferrol e Rodiles, que acabaron por debaixo.

O equipo xa estaba clasificado para xogar os play off pero tiña como reto quedar o máis alto posible para entrar na seguinte fase de cara ao ascenso.

O masculino, que tamén busca o ascenso a Segunda División, aprobou este sábado ao lograr un empate ante o Vulcanizados Tafa (2-2) no partido de ida da segunda eliminatoria polo ascenso. Este resultado deixa todo aberto para a volta, que terá lugar a próxima fin de semana en Pamplona.

⚙ Configurar cookies
0.20104384422302