O Vilalba FS gaña o primeiro triangular de fútbol sala feminino da localidade

TerraChaXa
O equipo local venceu 4-2 ao Burela e 5-0 ao 5 Coruña
vilalba-fs-feminino-triangular
20 Ago 2024

O Vilalba FS foi o gañador do I Torneo Triangular Feminino de Fútbol Sala disputado na localidade. A cita, que estivo organizada polo Grupo Forma-t Vilalba FS co patrocinio da Secretaría Xeral de Deporte da Xunta e a colaboración do Concello, celebrouse o día 17 de agosto no pavillón municipal.

As vilalbesas gañaron este ano o ascenso a Segunda División e este torneo serviu tamén para empezar a coller dinámica unha semana despois da pretempada. Participarán tamén o Burela FS e o 5 Coruña FS.

O equipo local venceu 4-2 ao Burela e 5-0 ao 5 Coruña, mentres que o duelo entre os outros dous equipos rematou con vitoria coruñesa por 0-2.

 

0.17220401763916