O Vilalbés abre o prazo de inscrición para a próxima tempada

TerraChaXa
O Rácing Vilalbés abriu o prazo de inscrición para a tempada 21/22 para todas as categorías que ten de fútbol base, de biberón ata xuvenil.
inscricion vilalbes_portada
26 Xul 2021

O Rácing Club Vilalbés abriu o prazo de inscrición para a tempada 21/22 para todas as categorías que ten de fútbol base, que van dende biberón ata xuvenil.

Os interesados en apuntarse ao club para o próximo curso deberán facelo na oficina situada no estadio Roca en horarios diferentes dependendo do mes. Así en xullo estará aberto de 11.00 a 13.00 horas e en agosto de 10.00 a 13.30 horas.

Os interesados en obter máis información poden facelo no 661 049 270 e preguntar por Freire.

inscricion vilalbes
0.21149396896362